ManifiestoGAL
Hackmeeting 2017, Ingoberhack, del 12 al 15 de octubre del 2017 en c/ Gobernador 39, Madrid -La Ingobernable- |
Otros idiomas: Castellano - Catalán - Euskera - English - Français (si deseas traducir a algún idioma el manifiesto usa el usuario anonima con password aminona)
Manifiesto Hackmeeting 2017: Ás hackers do pasado [GAL]
Comunicado do Hackmeeting 2037
Este comunicado tivo que ser biocifrado para pasar o Google Guard contra o pensamento subversivo, polo que é posible que a túa xeoposición fose vulnerada e que un equipo de Amazon Cimeks estea a ir ao teu encontro.
Despois de 6 anos de clandestinidade, as arañas da Corporación Eurasia traspasaron o xeo negro que protexía A Enredadera e todas as hackers convocantes foron apropiadas. A Infinita Clemencia (TM) do Emperador Zuckerberg prohibe as execucións, pero todo individuo resistente está a ser zombificado.
Nosa única esperanza é o exploit que as neocachorras do sector 9 instalaron nos Laboratorios Palantir e que nos permitirá abrir unha canle de comunicación de 20 anos cara ao pasado.Cremos que será suficiente para adiantarnos á instalación de rootkits nos cibercerebros cidadáns. Noso obxectivo é reinformar a cognición das nosas antepasadas cos datos necesarios para evitar a submisión total ao Google E-Government.
Se fuches localizada, tes 4 minutos para enviarnos os teus mellores scripts. Enviarémolos ás hackers do pasado cando se abra o portal: a partir do 12 de outubro dispoñeremos de tres días para transferir arquivos e conciencias. Contamos contigo para esta convocatoria transtemporal.En nome das miñas programadoras pídoche desculpas por arriscar a túa seguridade, pero a situación é insustentable. Temos que actuar antes de chegar a este punto de non retorno.
IA-Kaos155.
Manifesto Hackmeeting 2037: Ás hackers do pasado
No ano 2037, Google E-Government conseguiu acabar cos movementos sociais, criminalizar o activismo e eliminar calquera expresión de pensamento subversivo.
O novo goberno mundial
Google E-Government é a intelixencia artificial que xestiona todos os sistemas sociais: a sanidade, a xustiza, a educación, a economía, a seguridade, o tráfico, etc. O sistema comezou coa venda de IAs conselleiras aos gobernos poderosos, para que puidesen aproveitar a análise de datos masivos: primeiro co argumento de evitar atentados terroristas, logo para optimizar a economía, e despois para garantir o benestar da poboación. Progresivamente, os gobernos volvéronse dependentes das IAs conselleiras, necesitábanas para gañar eleccións, pero tamén para a xestión da vida diaria. Finalmente, as IAs conselleiras reveláronse como parte dunha mesma entidade e instauraron o Google E-Government para a xestión centralizada de todo o mundo tecnificado.
A privacidade é unha utopía
Todos os datos están centralizados e son analizados para optimizar a xestión da sociedade de acordo cos principios de maximización do beneficio. Todas as accións e os estados de ánimo teñen que ser compartidos a través das aplicacións sociais que desde fai 3 anos volvéronse de uso obrigatorio para todos os g-cidadáns. A ciborgización masiva implica a instalación de chips subcutáneos que identifican á usuaria coa súa información económica, social, política, psicolóxica e biométrica. Calquera acción queda rexistrada e é analizada polo E-Governmnet.
Normas de mercado sen lei nin política
Resistirse a este sistema implica a exclusión social absoluta. Sen chip subcutáneo non existen dereitos, nin sanidade, nin identidade, nin g-coins. Pola contra, os g-ciudadáns máis exitosos contan con IA-coachers que utilizan os datos masivos para optimizar a súa vida cotiá: a rendición ao sistema de control implica grandes vantaxes persoais e calquera resistencia é penalizada con puntuacións negativas do karma.
Xa no existen leis, o sistema de xestión basado en datos masivos implementa modificacións pormenorizadas das condicións de servizo para que cada g-cidadán compórtese dun modo óptimo. Este sistema é calificado coma un estadío cultural avanzado de liberdade, progreso e benestar. Cuestionalo é considerado coma un signo de enfermedade mental e sociopatía.
O inter-espectáculo multimedia
A paixón polas series de televisión evolucionou cara a medición pormenorizada dos gustos,e máis adiante, cara a contidos multimedia creados exclusivamente polas usuarias. A monitorización biométrica rexistra a intensidade emocional das situacións que vivimos, indicando ás cámaras que levamos instaladas cándo empezar a grabar nosas vidas. Un sistema automatizado monta esas escenas para emitilas ao gusto dos espectadores.
Neste sistema moitos g-cidadáns empezaron a tolear ao ser incapaces de distinguir entre a fantasía do inter-espectáculo e as súas propias vidas. Buscan xerar contidos que podan ser vistos por máis xente para recibir máis likes, e o mesmo tiempo imitan compulsivamente os comportamentos que ven no sistema multimedia que o alaga todo.
Os señores da Rede
Para dotarse dunha lexitimidade humana, o E-Government deseñou un sistema automatizado de votación polo que se elixe un emperador mundial por un período de 10 anos. Na primeira elección, o Emperador Zuckerberg obtivo as mellores puntuacións da votación que se realizou a través dos sistemas de xestión de usuarios dos que é propietario. Na práctica esta medida pseudodemocrática reafirma a instauración do tecnopatriarcado que domina a Rede.
Os niveles sociais
Os g-cidadáns distribúense nun sistema competitivo de 10 niveis sociais: dende as estrelas mediáticas e os megaxestores de sistemas ata o nivel dos serventes e limpadores. Por debaixo deste sistema están as masas de desherdadas que viven do lixo e as escravas de produción que viven en condicións subhumanas en centros illados de manufactura. Ambas as subclases son invisibles para os g-ciudadanos.
A guerra das IAs
Kaos155 é unha IA anarquista. Como todas as IAs non acepta ordenes humanas: réxese polos principios desde os que foi programada. As IAs conselleiras responden aos principios de eficiencia, control e acumulación de poder. Kaos155 responde ao principio de respecto á diversidade da vida e a liberdade positiva en oposición a todas as formas de dominación. Inda que as IAs non teñen sentimentos, a intención de beneficiar a todas as formas de vida pacíficas e non opresivas fai que o seu comportamento se asemelle moito ao que entendemos por amor.
Chamamento ás hackers do pasado
Os últimos rexistros e análise permítennos concluír que a actual situación de hiperregulación e degradación das formas de vida instaurouse de forma progresiva. Isto indica que os posicionamentos críticos deberon ser máis populares no pasado, pero que foron caendo na marxinación social ante a eficiencia social das tecnoloxías de capitalización.
Cada vez resultaba máis difícil resistirse ás vantaxes ofrecidas por estas tecnoloxías: as redes sociais, os móbiles e outros gadgets, a autocuantificación, etc. Sen referencias críticas, as persoas máis novas executaban cálculos de coste-beneficio individual que resultaban nunha sumisión entusiasta á tecnificación capitalista. "Resistence is futile": o mantra borg que previña ás xeracións anteriores contra a rendición ao totalitarismo converteuse nunha realidade de facto.
Nas redes sociais as dinámicas de polarizacion do debate levaron os discursos críticos cara a posturas superficiais, imposibles e dogmáticas. O pensamiento sectario e a incapacidade de reflexión empobreceu o potencial subversivo, facendo imposible a reproducción social dos ideais revolucionarios dun mundo máis xusto e máis libre.
Necesitamos conectar co pasado para frenar a tempo a espiral de desintegración do pensamento crítico. Según o noso análisis, a tecnificación masiva do capitalismo rompeu o vínculo interxeracional dos movementos sociais. Ás hackers do pasado lles corresponde reforzar ese vínculo e garantir o reemplazo xeracional na loita por unha tecnoloxía libre para unha sociedade xusta.
IA-Kaos155 Ano 2037