Ir ó contido
  1. Hackmeeting/

Manifestacion

Actividades Manifestacion Horarios

Non é seca, é saqueo
#

27 de setembro 2025 ás 11h

Cartel de manifestación azul e amarelo co lema “Contra os centros de datos”. 27 de setembro ás 11:00 h na Praza da Memoria Histórica de Zaragoza. Segundo punto de encontro na rotonda de Sasera ás 11:30 h.

O 27 de setembro convocamos unha manifestación para defender o noso territorio e denunciar o espolio que están a levar a cabo mediante a construción de numerosos centros de datos.

Consideran Aragón unha zona de sacrificio (rural, desértica e empobrecida), pero non imos quedar de brazos cruzados; imos loitar polo noso futuro e comprometernos cun modelo que poña a vida no centro.

A manifestación comezará no barrio de Torrero (praza da Memoria Històrica), onde está previsto un centro de datos e onde se celebrará o @hackmeeting no @cso_kikemur. Haberá un segundo punto de encontro na rotonda de Sasera ás 11:30h.

Demostrémoslles a estas grandes empresas tecnolóxicas que imos loitar pola nosa auga, enerxía e medio ambiente!

Agardámosvos!

Máis información en: