Sobre o Hackmeeting
O Hackmeeting é un espazo autoxestionado do encontro onde compartillar inquietudes tecno-políticas.
Dende o primeiro encontro en 1998 ata hoxe, foi un espazo para que a xente con ou sen coñecementos técnicos puidese atoparse, propoñer dúbidas, xerar debates ou compartir coñecementos nun entorno onde o social e a tecnoloxía son as protagonistas.
Manifiesto HackMeeting 2025 “AragOFF” #
¡Non é seca, é saqueo!
Vintecinco anos, ou ditro doutro xeito: un cuarto de século, é o tempo transcorrido dende o primeiro Hackmeeting. Un evento que se ven celebrando cada ano dende o 2000 polo que pasaron varias xeracións de hackers, só interrompido pola pandemia do 2020. Nesta ocasión volvemos ó mesmo lugar no que se celebróu o Hackmeeting de 2010, o CSO Kike Mur en Zaragoza.
As multinacionáis e as institucións están a expoliar a nosa terra e enchéndao de centros de datos para o seu propio beneficio. As macrogranxas de servidores están a roubarnos a pouca auga potable que as macrogranxas de porcos non conseguiron contaminar con purines. AragOff nace do desexo colectivo de parar esta ofensiva; é a chamada á nosa terra por recupera-la soberanóa sobre as nosas ferramentas e infraestructuras dixitáis. No 1936, o Consello de Aragón establecéu que as terras foran cultivadas e administradas polos labregos, do mesmo xeito, nós queremos unhas infraestructuras cultivadas e administradas pola xente.
Fronte á narrativa corporativa que presenta os centros de datos coma “unha nube”, nós sabemos que a nube non existe, só son os ordenadores de outres. Como moi ben documentóu o colectivo Tu Nube Seca Mi Río, o consumo de auga destes centros de datos é astronómico. Un centro de datos promedio consome o mesmo que unha cidade de alrededor de 40000 habitantesi. ChatGPT consome medio litro de auga por cada 100 palabras que xera. Google reportóu que no ano 2021 tódo-llos seus centros de datos consumiran o 10% do que consome o estado español nun ano, e esta cifra segue en aumento. Isto é aberrante nunha situación de secas cada vegada máis frecuentes e inclementes, con cada vegada máis ríos contaminados en todo o mundo. En definitiva, é imprescindíbel defensar a auga dos nosos territorios dos ataques das grandes tecnolóxicas.
Detrás de todo estropicio están os sospeitosos habituáis: Amazon, Blackstone, Microsoft… Mas tamén foron sumándose ó carro empresas ca etiqueta “green” que lonxe de pesquisar solucións máis sostibles só buscan o beneficio económico, coma Box2Bit e Bester. E como vén sendo cotiá, contan co apoio do goberno de Aragón, o goberno de españa e o estado.
Nós imaxinamos pequenos centros de datos administrados pola xente que os usa. Dende os primeiros hacklabs e servidores radicáis ata as actuáis redes sociáis libres e federadas, creamos un ciberespazo antagonista que non depende das megacorporacións. Entre os nosos moitos referentes atópanse Sindominio e Austici, que proveen de contas e listas de correo, almacenamento en liña, chats, pads, aloxamentos de páxinas web… Todo isto de software libre. O Fediverso, ou a rede de redes sociáis libres, conta con iniciativas colectivas que respetan a nosa axencia e privacidade. Todo este ciberespazo antagonista construímolo de xeito autoxestionado e horizontali.
Unha das nosas propostas é seguir sementando unha rede de nodos autónomos de baixo consumo. Pequenos servidores alimentados ca enerxía de panéis solares, conectadoes entre si por enlaces de radio e fibra óptica comunitaria. Non precisas dos seus datacenters faraónicos. Con hardware reciclado e moita intelixencia colectiva, podemos crear unha internet que non sexa regada con auga dos nosos ríos, senón ca suor das nosas frontes e a enerxía do noso sol.
Este Hackmeeting é unha oportunidade para seguir construíndo alternativas ós macro centros de datos. Para seguir impulsando infraestructuras autogestionadas. Para programar as nosas ferramentas de software libe baixo os principios da privacidade e o ecoloxismo. Reunímonos en Aragón para decir “NON” a estes macro-proxectos extractivos a tantos nivéis. Por iso, convocamos a todo o mundo o venres 27 de setembro en Zaragoza para berrar xuntes: ¡Non é seca, é saqueo!
“Queremos auguiña pra beber, auga que limpe as rúas, auga pra poder vivir”
-Ixo Rai
Historia y pilares #
Ainda non hai artigos para listar aquí.