2018/manifiesto ga

De wiki es.hackmeeting.org
Revisión del 11:40 22 oct 2018 de Anonima (discusión | contribs.) (trad. galego)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Por todas as hackers mortas

Hack in V

A noite do 1 de novembro as hackers mortas volverán ás súas consolas e a rede asolagarase de devs rumoreando mantras de código en busca de quen lles axude a hackear o máis aló. As súas risas xearán os nervios de quen lles perseguiu, e o seu valor inspirará a quen aínda seguimos en pe. Se lles chamamos, virán ao Hackmeeting, e o aire frío dos seus espíritos percorrerá os corredores de A Invisible buscando a calor nos nodos dos vivos, para compartir con almas afíns novos momentos de comunidade, creación e loita.

A xenia de Ada Lovelace, que xa demostrou a valía das mulleres para o traballo intelectual deixando en ridículo aos tecnomachistas tecnomachos do momento, volverá para lembrarnos a importancia do feminismo nos espazos técnicos. Hackers como St. Jude (Jude Milhon), primeira cypherpunk, pioneira na defensa da privacidade e impulsora do ciberfeminismo amadriñará nodos mixtos e non-mixtos. Grazas a elas e a moitas outras, avanzamos aos ombreiros de xigantas para romper as barreiras da sociedade tecnopatriarcal e os seus aparellos de poder.

Un relucente Aaron Swartz gozará vendo que hai quen continúa a loita contra o lobby da propiedade intelectual e a corrupción do capitalismo dixital. Barnaby Jack volverá dar a presentación que a súa repentina morte impediu, aquela en a que expoñía un fallo letal de seguridade nos marcapasos, ou calquera dos seus hacks anteriores sobre caixeiros ou coches "intelixentes". E que Tron (Boris Froricic) ría de novo creando sistemas de encriptación telefónica e desenvolvendo cracks para tarxetas de pago. Todos eles morreron de forma prematura e sufriron o acoso de quen goberna por sinalar cuestións técnicas que poñían en xaque o poder do seu aparataxe tecnoindustrial.

Na noite dos mortos, levántanse tamén todas as almas de quen morreu pola man do fascismo nesta e outras cidades. Elas lembrarannos o necesario que é manter a unidade e a audacia fronte a unha ameaza totalitaria que non coñece límites á hora de impoñer a súa poder. Quérennos soas e sen memoria, pero atoparannos xuntas, conscientes de quen nos precedeu e seguirannos. Entre todo este balbordo, polos recunchos de A Invisible... a sombra de Guy Fawkes prepárase para cando chegue o seu día.